Fernando González "Gonzo"
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Gonzo nunha entrevista para o programa El Intermedio. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Fernando González González 29 de xullo de 1976 (48 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Pseudónimo literario | Gonzo |
Fernando González, alcumado Gonzo, nado en Vigo en 1976 aínda que con orixes familiares en Riotorto (Lugo)[1], é un xornalista galego. Actualmente presenta o programa de laSexta, Salvados.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de traballar en diversos medios como xornalista, como Radio Nacional de España ou La Opinión da Coruña, Fernando González debutou na televisión no programa Caiga Quien Caiga, dirixido nesa época polo humorista Manel Fuentes. Encargábase da sección chamada "¡Proteste ya!", que recollía protestas cidadás e as confrontaba co que dicían os políticos afectados, nun xeito de xornalismo de participación e implicación. Despois de rematar ese programa, mudouse para Antena 3, onde ensaiou o mesmo xénero de xornalismo-protesta, pero nunha emisión propia e presentada exclusivamente por el. A aventura non lle durou moito; a canle unha vez rematado o verán optou por converter o programa nun espazo adicado aos sucesos e a información do corazón e foi nese intre cando o presentador galego dixo basta. O programa continuou sen a súa presenza pero foi suprimido ás dúas semanas. Dende entón Antena 3 emite un magazine a base de prensa rosa e sucesos como principais ingredientes e que mantén o mesmo índice de audiencia que colleitara El Método Gonzo nas súas derradeiras semanas.
A seguinte aventura de Gonzo en Antena 3 concretouse en 4 documentais nos que se revisaban feitos históricos como a construción do Valle de los Caídos e a polémica sobre os republicanos alí enterrados ao longo de 30 anos, o incidente nuclear de Palomares ou a historia de Sanz Briz, o "Schlinder español".
Posteriormente o xornalista vigués estreouse na TVG á fronte da A caixa negra, no que se facían revisións dos acontecementos máis salientables da historia recente de Galicia. A terceira reportaxe, na que se lembrara o mal das vacas tolas, foi censurado pola directora da TVG, Rosa Vilas, no seu primeiro día á fronte da canle. A polémica, que mesmo salpicou ao recentemente estreado presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rematou coa emisión da reportaxe unha semana despois do previsto.
Dende o 2010 uniuse como colaborador ó programa El Intermedio da cadea LaSexta, no que estivo 9 anos, ata que en 2019 pasou a presentar Salvados, da mesma cadea, substituíndo a Jordi Évole.[2]
Programas
[editar | editar a fonte]- Fiestra Cultural, TVE Galicia.
- Caiga Quien Caiga, Telecinco.
- El método Gonzo, Antena 3.
- A caixa negra, TVG.
- El Intermedio, LaSexta.
- Salvados, LaSexta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008.
- ↑ "Gonzo substituirá a Jordi Évole á fronte de «Salvados»". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de maio de 2019. Consultado o 29 de outubro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando González "Gonzo" |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Gonzo (obxecto)
- Gran Wyoming
- Jordi Évole